價格:免費
更新日期:2019-07-16
檔案大小:6.0M
目前版本:2.1.57e
版本需求:Android 4.4 以上版本
官方網站:http://www.recursoseducativos.net
Email:info@recursoseducativos.net
聯絡地址:隱私權政策
Se es un docente que xa utiliza de Prográmame-UDIS de recursoseducativos.net, agora poderás ter acceso en todo modo momento ó que alí prepares e planifiques para a túa práctica docente na aula.
Desde a APP de prográmame-UDIS poderás:
- Navegar entre os diferentes cartafoles que teñas creados na aplicación online, tanto propios como compartidos, dentro das 4 etapas educativas que contempla.
- Visualizar os elementos das diferentes UDIS que teñas creadas en cada cartafol.
- Levar á práctica as semanas do teu diario de clase, xa que poderás ver o que tes planificado para cada sesión. O apartado correspondente situarase automáticamente no día actual da última semana creada.
- Poderás aprazar aquelas sesións que non teñas tempo de levar a cabo na aula, e quedará automáticamente gardada nunha nova semana oculta dispoñible desde a aplicación online, para poder engadilos nas seguinte semana.
- Podes facer o seguimento dos teus grupos de alumnos: controlar e xestionar as faltas do alumnado, escribir anécdotas e anotacións das reunións coas familias, todo esto directamente desde a App.
- Poderás ver a evolución das faltas de asistencia do alumnado, sincronizadas, co calendario de aula online dispoñible na web. Podendo tamén modificalos e engadilos directamente desde a App.
- Engade cualificacións e anotacións , para cada alumno ou alumna, nas probas que teñas establecidas no "caderno do docente" na aplicación online.
- Cambia a fotografía de cada alumno/a empregando a cámara do dispositivo ou unha imaxe da galería.
- Xera en pdf o perfil de área, competencial, táboas para a programación en currículo de cada cartafol.
- Le os códigos QR dos teus alumnos/as (xerados en recursoseducativos.net) para acceder directamente ás súas fichas.
- Usar unha axenda de anotacións, co calendario escolar de Galicia xa cargado, no que poderás tamén incluír anotacións de forma manuscrita cun Stylus (só para tablets)
Lembra que para empregar esta aplicación precisas ter un usuario e contrasinal (rexistro gratuito) na web www.recursoseducativos.net.