價格:免費
檔案大小:10.3 MB
版本需求:需要 iOS 10.0 或以上版本。與 iPhone、iPad 及 iPod touch 相容。
支援語言:英語, 加利西亞文
Abertos ao Galego é a aplicación móbil da Mesa pola Normalización Lingüística que busca mellorar a presenza da lingua galega nos estabelecementos comerciais e de servizos.
Se queres que te atendan en galego en restaurantes, bares, comercios… con Abertos ao Galego poderás saber que estabelecementos teñen unha actitude máis responsábel en favor do galego.
A aplicación permite valorar e comentar o emprego da lingua en centos de estabelecementos como comercios, restaurantes, hoteis ou oficinas.
Ao visitares un destes locais poderás valorar o emprego que fan do galego tanto na atención oral, escrita ou virtual.
Esta app contribúe a mellorar a presenza da nosa lingua nos estabelecementos. Abertos ao Galego é unha aplicación para vivirmos en galego.
Para máis información, consulta a web www.amesa.gal/abertosaogalegoapp
支援平台:iPhone, iPad